Citizen

En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos. Dramaturxia, dirección: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Movemento escénico: Rut Balbís. Iluminación: Fidel Vázquez.  Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Quadra Producións, Oroboro Filmes. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Actores do Breaking News From Galicia: Monti Castiñeiras, Iria Pinheiro. Unha creación Chévere!, compañía residente no concello de Teo. Co apoio de AGADIC, Concello de Teo, INAEM, Deputación de Lugo, Gadis
 

Citizen, a triloxía dos Chévere sobre o imperio téxtil de A.O. comeza a súa xira por Galicia, levando a obra por 13 concellos entre febreiro e xuño de 2012 e realizando un total de 21 funcións.

Para celebrar o seu 25 aniversario, Chévere pon os motores a todo gas e prepara toda unha batería de lanzamentos escénicos e culturais para este ano. Entre eles, unha estensa xira co seu espectáculo estrela de 2012, Citizen.

Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador con esta entrega íntegra e completa das tres partes que compoñen a saga Citizen. Un espectáculo que é a suma das tres obras estreadas durante a tempada, e que nos ofrece a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara. Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Sete actores no esceanrio. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía.

A posta en escena da versión íntegra de Citizen farase en tres actos con dous intermedios, e terá unha duración de tres horas en total.

Primeiro acto. Maiorías silenciosas. A realidade da historia fronte a invención da realidade. Transición ou Transacción. A Coruña, 1975. Franco morreu hai unha semana. Sara, unha estudiante comprometida no movemento anti-franquista, fuxe dos grises e entra nunha tenda que está sendo reformada para a súa apertura ao público. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario disposto a conquistar un imperio. Duración: 75 minutos.

Segundo acto. Made in Galiza. As capas máis ocultas da historia a flor de pel. Durante os anos 80 e 90 xurdiron centos de talleres de confección que deron traballo a milleiros de mulleres do rural, convertíndose nun sector estratétixico para o crecimento dunhas poucas empresas que se lanzaron ao mercado internacional. Un exercicio de sobre explotación de man de obra barata que logo se trasladaría a países subdesenvolvidos. Sara trata de saír da marxinalidade laboral e económica poñendo en marcha un taller de confección con outras veciñas do seu pobo. Será un soño breve e dramático. Duración: 60 minutos.

Terceiro acto. Wii economía. O século XXI empeza coa crise máis profunda do capitalismo. A especulación sen control, o ánimo de lucro infinito, a globalización sen límites levan ao colapso ás principais economías coñecidas. Neste contexto, A.O. ve como o seu imperio multinacional está a piques de desaparecer. E descubre que un dos responsables do desastre pode ser o seu propio fillo. Duración: 50 minutos.

Chévere

http://redenasa.tv/es/axenda/evento/citizen/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Teatro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s