Contra a “Lei Wert”

O anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), xa coñecido como lei Wert, supón un ataque sen precedentes ao ensino público, á igualdade de oportunidades e ás opcións de transformación social que un sistema educativo, ao servizo da cidadanía, debería promover. E isto, por varias razóns.

En primeiro lugar, é unha lei que afonda nos procesos de privatización que castigan á sociedade en xeral e aos servizos básicos, como a educación, en particular. Mediante un conxunto de medidas, blindan ao sector privado, incluso dos desenvolvementos normativos que algunha comunidade autónoma díscola, se tal cousa houbera, puidese realizar. Incluso abre a posibilidade de subvencionar a centros educativos que practican a segregación por sexos, no que é un claro retroceso aos anos duros do franquismo.

En segundo lugar, a lei intenta clasificar, envasar e enviar ao mercado ao alumnado, como mercancía formada de acordo coas demandas do sector produtivo. E isto, a base dun sistema de revalidas que pretende separar, canto antes, ao “bo alumnado” do “alumnado malo”. Para atender ao alumnado con máis dificultade, se crean itinerarios alternativos na ESO, que os encamiñan máis a ser man de obra barata e acrítica, que a realizar plenamente o seu potencial humano.

En terceiro lugar, é unha lei que impón unha cosmovisión de tipo católico conservador: a relixión volve ser avaliable, imponse unha materia alternativa de contidos ásperos, para invitar ao alumnado a seguir o “camiño da fe” e elimínase a educación para a cidadanía, recollendo as demandas da conferencia episcopal. En suma, unha lei que discrimina as opcións ideolóxicas e vitais non afíns aos sectores católicos máis rancios, cos conflitos que isto vai provocar nun tecido social diverso, que non se axusta aos estreitos moldes que ser propoñen desde os sectores ultra da igrexa católica.

Por fin, para garantir que todo este desenvolvemento chega ata as aulas, suprime o pouco que quedaba no carácter democrático e participativo na xestión dos centros. Cun sistema de elección das direccións escolares que recae nas administracións educativas, e reforzando o papel destes equipos directivos na organización da vida académica, garántese que a lei póidase aplicar sen desvío algún.

Os despropósitos súmanse ao permitir a contratación de profesorado a dedo (art. 122 bis), a elaboración de listas de centros bos e malos segundo os resultados académicos, con independencia da realidade sociocultural na que cada escola está inmersa. Parece que a lei busca realizar o gran soño da extrema dereita española: impoñer o nacional catolicismo, a lingua española, e deixar para “as clases baixas” unha escola de último recurso, destinada a formar man de obra barata e incapaz de defender os seus dereitos.

Na Fronte Cívica-Somos Maioría non cremos nin nese modelo de escola nin nese modelo de sociedade, por iso invitámosvos a participar nas concentracións do xoves día 13.

Por unha escola ao servizo da sociedade e non ao servizo dos mercados.

Dende a Fronte Cívica da provincia da Coruña queremos mostrar a nosa repulsa contra a reforma da lei de educación LOMCE, por iso apoiamos a manifestación do xoves 13 diante do IES Eusebio da Garda da Coruña.

Hora e lugar da xuntanza:
18:45 na pomba de Picasso na praza de Pontevedra

¡¡Vémonos o xoves 13 de decembro, as 19,00h,  na praza de Pontevedra!!

cartelwert

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Artículos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s