Charla coloquio sobre deuda y educación

A Federación Provincial de Apas de Centros Públicos da Provincia da Coruña, en colaboración coa Fronte Cívica Somos Maioría, organiza unha charla-coloquio aberta sobre a débeda española e como afecta esta á educación pública. Dende hai bastante tempo os nosos dirixentes din que España debe moitos cartos, que cada español ten unha débeda importante. O presidente da Xunta chegou a dicir antes das eleccións que cada galego debe 2800 euros, dando a entender que a débeda española é responsabilidade dos cidadáns, e iso é algo totalmente falso. Este erro o repiten con insistencia en moitos medios de comunicación, causando confusión nas persoas que non están moi informadas do asunto.

O motivo de esta charla-coloquio é o de informar sobre a débeda e por qué é ilexítima, ademáis de explicar as consecuencias que ten para os servizos públicos, neste caso a educación. Para elo contaremos con dúas persoas expertas no tema que falarán en profundidade coa intención de que esteamos mellor informados de todo o que está a acontecer; Miguel Quinteiro e Alfredo Iglesias Diéguez.

cartel  miguel quinteiro

Miguel Quinteiro é activista de Attac, Coop57 (entidade da que é socio promotor) e a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Ademáis, é ex traballador e ex membro do consello de administración de Caixanova. O vídeo da súa detención o pasado 25 de setembro foi moi coñecido, xerando unha gran indignación en moitos cidadáns. É autor de numerosos artículos e publicacións sobre a débeda e leva moitos anos denunciando a situación das Caixas de Aforros, as cales todos sabemos como remataron.

Alfredo Iglesias Diéguez é doutor en historia, especialista en evolución humana e profesor de ciencias sociais e escritor. Foi colaborador habitual de Galicia Hoxe, tanto no suplemento Descubrir, con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada “Na marxe esquerda”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996 polo artigo “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, é, dende o ano 2003, é colaborador habitual do xornal Faro de Vigo. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu Consello editorial, e en Rebelión. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, obra que recibiu o Premio Crítica de Galicia á iniciativa cultural no 2001. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade.

A charla terá lugar na sede da Federación situada na rúa do Orzán, 21, A Coruña.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Convocatorias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s