Aquí tedes os documentos para a convocatoria do 1x, a marea cidadá en contra da Troika. Temos un “flyer”, en español e galego, para entregar en man ou deixar nos sitios que nos deixen; bares, tendas, etc. Tamén temos o cartaz en A3, aínda que se pode imprimir en A4. Trátase de que imprimir os arquivos e logo pegar o cartaz onde poidades e repartir os “flyer”. Temos que chegar a moita xente, canta máis, mellor, e unha das maneiras é encher a cidade de carteis. Tamén estamos a falar con outras plataformas, asociacións, etc. para contar con eles para a manifestación e coordinarnos. Temos que facer un esforzo para que sexamos moitos. Unha marea.
Cartel Marea Cidadá con logos dos apoios
O cartel pódese imprimir en A4 para pegar nos bares ou tendas que nos deixen, así non ocupa moito. Se todos facemos un pouco, podemos chegar a moita xente.