Reflexións do 1X

O primeiro é agradecer as diversas organizacións que apoiaron a manifestación de hoxe. É moi importante que poidamos traballar xuntos, colaborar entre todos e loitar contra o enemigo común que é a dictadura do capital, contra a Troika e todo o poder que representa. Moitas grazas, de verdade.

Hoxe tivemos que vencer moitas dificultades. A primeira foi a do fútbol. O partido comenzaba as 21:00 e a marcha dúas horas antes, pero a xente estaba máis pendente do fútbol que do noso futuro. Temos que ser realistas, mentres a xente non lle dea máis importancia ao que está a acontecer, que é gravísimo, non imos lograr a victoria nesta loita. Pero seguiremos intentándoo , non nos queda outra. O día de mañá, cando os nosos fillos nos pregunten “e vós, que fixestes? ”, poderemos responderlles sen vergoña : “o que puidemos”. Moitos, non poderán respostar o mesmo.

Tamén tivemos que vencer o silencio dos medios. Ningún medio local publicou nada da convocatoria. Lamentablemente, é moi difícil chegar a maioría da xente sen os medios. Creemos que unha convocatoria de este tipo merecer ser noticia na sección local, aínda que só sexa para informar a xente dos posibles atascos de circulación. Os medios están ao servicio do poder, como ben sabedes.

Por se isto non fose dabondo, unha carreira de marcha atlética tivo lugar a mesma hora da manifestación, dificultando a lectura do manifesto. E xa para rematar, non tivemos ninguhna axuda por parte da policía ata a metade do percorrido, algo moi extrano xa que a convocatoria foi comunicada fai dez días á subdelegación do goberno, tal e como dí a lei.

A pesar das dificultades, fomos quen de levar a marcha adiante, con moita xente e con moita repercusión debido a que o percorrido foi polo centro da cidade, chamando a atención dos transeúntes que enchían as rúas. É un pasiño, pero temos que seguir loitando contra corrente. Somos maioría, aínda que moitos no se decaten. Somos moitos os que estamos en contra do que está a pasar, en contra da corrupción, dos desmanes da Troika, dos abusos, da inxustiza… pero non chega con ser maioría, non chega con protestar no bar. Hai que saír a rúa, hai que rebelarse, promover a desobediencia civil. Somos o 99%.

Unha vez máis, grazas a todos

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Acciones, Artículos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s