Conclusións da primeira xuntanza de colectivos sociais, persoas sen afiliación e outras organizacións, celebrada no bar Alfaiate o xoves 6 de febreiro as 20:00

Para a vosa información e para difundir abertamente

– Informouse das decisións tomadas na asemblea do martes 4 en Santiago:

– Constitúese a Plataforma Galega de Apoio ás Marchas do 22M

– Convócanse manifestacións para o día 26 de febreiro en apoio ás marchas nas principais cidades galegas.

– Convócase unha asemblea aberta o martes día 11 as 17:00 no Centro Social O Pichel, na Rúa Santa Clara en Compostela. Convídase a todos os colectivos, organizacións ou persoas sen afiliación a asistir e a difundir a convocatoria.

– Créase un blog no enderezo http://marchasdadignidade.blogspot.com/ e un correo en marchasdignidade@gmail.com

– Coméntanse as opcións para viazar a Madrid. Proponse fletar un tren, cun custe de billete de 50€ ida e volta, pero hai que garantir un número de pasaxeiros, 520 + 230 (liña Coruña Madrid + Vigo Madrid, non necesariamente nesa orde). Os da CGT ferrocarril negocian para abaratar aínda máis.

– Propónse tamén contratar autobuses, e estímase que 15 buses, saería 26€ por persoa.

– Infórmase de que Diego Cañamero, do SAT, falará en Vigo o día 1 de marzo, sábado, das marchas.

As propostas da xuntanza de A Coruña son:

– Entrégase o manifesto, non hai reclamacións.

– Apoio ás marchas.

– Apoio a asemblea do martes 11 en Santiago

– Apoio, e organización, da manifestación do día 26 de febreiro.

– Propoñemos a opción tren hotel saída venres chegada sábado, e volta o sábado pola noite para o domingo. Prezo turista 26.30€ ida. Volta 21.05€. Compraranse billetes de grupo, que teñen desconto. Habería que mercar os billetes antes do día 21 de febreiro para reducir ó máximo o prezo.

– Propoñemos a creación dunha conta bancaria para os que queiran contribuir económicamente á marcha. Co recaudado, reducirase o prezo do billete.

– Pensamos que a opción de fletar trens cun total de 750 persoas é algo moi complexo de xestionar.

– Propoñemos a creación dun “change.org” no que se recollan firmas en apoio ás marchas, para ter unha estadística de xente que é favorable.

– Se non se fixo xa, “galeguizaremos” o material gráfico oficial das marchas e tamén o manifesto.

– Convócase a unha nova asamblea o venres día 14 de febreiro as 20:00, no Própolis, rúa Barcelona 115, para falar do acordado na asemblea de Santiago e para organizar a manifestación do día 26.

Con estes acordos, péchase a asemblea.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Asambleas, Comunicados. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s