Conclusións da asemblea de Santiago da Plataforma Galega en apoio o 22M

baner-22M-

Resumo do acordado na asemblea donte:

– A CGT fixo un borrador de manifesto galego e o pasaron ós asistentes para aprobalo ou facer modificacións. Con varias intervencións e discusións, ninguén puxo impedimentos de peso para non aprobalo. Asumimos que se aproba.

– Ninguén dos presentes mostrou rexeitamento a marcha galega do 22M, asumimos que as persoas que asistiron a asemblea apoian a marcha. A sensación que tivemos foi a de que hai unha clara intención de asistir.

– Hai un grupo que irá a pe, pediron apoio loxístico para a ruta. Saen dentro de nove días. Queixábanse de que teñen máis apoio de Ponferrada que de Galicia. Falouse de que os que poideran, buscasen o xeito de axudalos e apoialos.

– Entre as discusións, apenas quedou tempo para a loxística, e pouco se avanzou nese aspecto. A intención é ir a Madrid en tren alugado. E para elo necesítanse 500 persoas de A Coruña e 250 de Vigo. O prezo que negociaron os do Sindicato Ferroviario foi de 50 € por persoa ida e volta, e están a negociar unha rebaixa do prezo para que quede en 35€. É dicir, o prezo pode baixar, pero nunca subir de 50€. A alternativa do Tren Hotel a descartaron, porque os compañeiros da CGT e do Sindicato Ferroviario non a ven posible para un grupo numeroso. O prezo dos 35€ non era seguro, estase a negociar.

– Quedouse en que os colectivos de cada cidade ou comarca se organicen para apuntar a xente que queira asistir e logo cobrar o billete. Púxose un prazo ata o día 20 de febreiro. Na Coruña temos un correo frentecivicocoruna@gmail.com e un formulario a disposición das persoas ou colectivos que o desexen. Xa se están a recoller datos das persoas que queren asistir e se comprometan a adiantar o importe do billete. Unha compañeira da asemblea propuxo a idea de vender 500 tickets coma se foran os billetes, un bo xeito de control tanto para o pago como para as posibles devolucións se non sae adiante a xestión do tren. Similar as rifas, para que se entenda. Na asemblea do venres, as 20:00 no Própolis, podemos arranxalo. As direccións ou lugares para apuntarse, como os que puxen antes, publicaranse no blog da plataforma: http://marchasdadignidade.blogspot.com/

– O blog será aberto, tal e como comentamos noutro correo, para todos os grupos ou persoas individuais.

– Acordouse vender camisetas por 3€ para axudar a financiar a marcha. Hay tamén a posibilidade de imprimir cartaces a un prezo de 17€ 100 unidades de 50x70cm. Os desenos da camisa e das octavillas van adxuntos no correo.

– Acordouse potenciar as manifestacións do día 26 nas principais cidades galegas.

– O moderador da asemblea, de CUT, enviará por correo a acta da asemblea ás persoas que asistiron.

O importante agora é que se apunte a xente para saber con cantas persoas contamos. De momento, levamos 29 persoas

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Asambleas, Comunicados. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s