Resumo da asemblea do 14/02/2014 sobre as marchas da dignidade 22M

baner-22M-

– Para conseguir máis xente, se farán cartaces e panfletos sobre as marchas e a manifestación coa dirección de contacto para apuntarse ó tren. Un compañeiro se encargará de facelos e envialos por correo. As persoas presentes acordan imprimilos e difundilos todo o que poidan.

– Varias persoas irán ó local da CUT a facer pancartas: Ronda do Outeiro, 271, local 11. A Coruña. Esas pancartas colgaranse nas pontes de entrada á cidade e tamén para a manifestación do 26F.

– Varias persoas quedaron o xoves 20 as 9:30 da mañá, na oficina de parados de Monelos, para repartir panfletos e cartaces das marchas e da manifestación. Repartiranse por todas as oficinas do Inem da cidade.

– Todas as persoas presentes acordaron repartir panfletos e cartaces nos centros de traballo, centros de saúde, etc.

– Farase unha nota no blog da Plataforma Galega do 22M para indicar que as persoas da provincia de A Coruña, Lugo e Ourense, poden apuntarse, se queren, na dirección frentecivicocoruna@gmail.com ou no formulario creado para as marchas. É un xeito de ter unha lista “centralizada” sen duplicidades. (Xa está feito).

– As persoas de Ferrol que asistiron á asemblea, quedaron en falar ca CUT para informarse da manifestación en Ferrol.

– Acordouse a seguinte asemblea o sábado 22 de Febreiro ás 18:00 no Própolis, rúa Barcelona 115 Baixo. A Coruña.

– Acordouse traer os cartos do billete para a asemblea do 22F.

– As 21:30, remata a asemblea.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Asambleas, Comunicados. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s