Manifestación contra as obras do túnel de A Mariña

Bancos de 14.600 €, unha pasarela de máis de 600 mil euros, un gasto de 50 millóns de euros nunha época onde a xente está a pasar moitas dificultades e penurias son motivos máis que suficientes para rexeitar as obras do túnel de A Mariña. A Coruña é, xunto a Santiago de Compostela, a cidade máis endebedada de Galicia, recibe máis de 140 mil vehículos privados ó día, ten un servicio de transporte público pésimo e un número de persoas en paro superior a 40 mil. O concello, salpicado ata o tuétano pola Pokémon, non ten un proxecto de cidade, e adícase a facer obras sen ton ni son para favorecer a empresas amigas. Copasa, a empresa adxudicataria,  implicada na Gürtel e nos “papeis de Bárcenas”, é considerada a constructora do PP porque foi grazas ás adxudicacións do PP que medraron considerablemente. Os barrios adolecen de moitísimas carencias, os servicios sociais sufren recortes, familias son desafuizadas, o numero de persoas que precisan da Cociña Económica medra cada díam non hai, apenas, instalacións deportivas públicas abertas… e mentres, o concello a gastar en banquiños de deseno, pasarelas  estilo Calatrava e un túnel de catro carrís para soterrar o tráfico, non para reducilo. Non pode ser, temos que evitalo, temos que loitar contra as obras. Non podemos mirar para outro lado mentres fan a desfeita, temos que movilizarnos para deter as obras. 

O día dez temos unha oportunidade de mostrar o rexeitamento ás obras. A Plataforma “Non ás Obras da Mariña”, da que formamos parte xunto a moitos outros colectivos, incluíndo asociacións de veciños, movementos sociais, partidos políticos, sindicatos e xente sen afiliación. Temos que movilizarnos e difundir a convocatoria, temos que facer chegar á xente a nosa oposición a esta desfeita. Participa na manifa, axuda a difundila nas redes sociais, pegando cartaces ou repartindo panfletos. Pon a convocatoria no teu blog, fala coa veciñanza no teu barrio, coas amizades… NON ÁS OBRAS DA MARIÑA

Evento en Facebook:

http://www.facebook.com/events/1414517852149038/1416517528615737/

Corunha.Info

http://corunha.info/evento/2406

Hashtag en Twiter

#NonAsObrasDaMariña

Panfleto en PDF

Panfleto dobre en PDF

Cartaz en PDF

novo cartaz obras marinha-01

 

 

folleto marinha

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Convocatorias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s