A Cidade do Lixo

Por Santiago Lamelo

(versión en castelán ao final do artigo)

O dez de setembro de 1996 máis de cen mil toneladas de lixo do vertedoiro de Bens fóronse outeiro abaixo ata chegar á costa do Portiño, levándose a unha persoa por diante que nunca máis apareceu e botando toneladas de residuos ao mar. Foi un feito significativo dos problemas que supón o tratamento de lixos, poñendo de manifesto o perigoso que é ter un recolledor de lixo pegado a unha cidade de 250.000 habitantes. Serviu, ademais, para converter Bens nun parque e instaurar un sistema de reciclaxe de lixos na planta de Nostián, que ao final resultou ser un auténtico desastre, tanto no laboral coma na propia xestión dos residuos.

paxaromorto

Cando aconteceu esa traxedia, a cidade estivo moitos días cunha peste insoportable a lixo en descomposición, o que provocaba que moitas persoas usasen máscaras para saír á rúa. O accidente de Bens quitou o lixo de debaixo da alfombra e púxoa debaixo dos nosos narices, golpeando a nosa cara con contundente realidade. Parecía que aprenderamos a lección, que ver a explosión do problema tan preto ía cambiar os nosos hábitos, pero nada máis lonxe da realidade. Como dicía, o sistema de reciclaxe instaurada non se aplicou correctamente, pero tampouco contou coa colaboración cidadá á hora da recollida selectiva de lixo. E así seguimos.

O peor de todo é que a relación da Coruña co lixo non remata aí. Vivimos nunha cidade rodeada polo mar case por todas as partes e, a ese mar que, presuntamente, tanto amamos, castigámolo un día si, e outro tamén enchéndoo de lixo, especialmente plásticos. Millóns de animais de todo o mundo acaban comendo o plástico que nós tiramos sen ningún tipo de control, dende o plancto microscópico ata baleas, pasando por aves, mamíferos, réptiles e peixes que forman parte da cadea alimentaria da que dependemos. Estes animais sofren unha morte agónica e cruel. Estímase que o plástico mata un millón de aves mariñas e máis de cen mil mamíferos mariños e tartarugas cada ano. E todo por non poñer o máis mínimo interese en recoller o lixo e situalo nun lugar axeitado.

No Océano Pacífico estase a formar unha “Illa do Lixo” cunha superficie do dobre da Península Ibérica. A mera existencia desta illa merecería que unha invasión extraterrestre nos fulminase por porcos, pero non nos importa porque non a temos debaixo dos nosos narices e podemos seguir coas nosas vidas sen decatarnos, ou sen querer facelo. Talvez se esa illa descomunal se achegase á nosa costa decatariámonos do problemón que supón semellante aberración, pero como está a miles de quilómetros de distancia, non se considera un problema. Se acaso, mostrarse moi compunxido en Facebook se alguén comenta a existencia da illa.

É doado ver nas praias coruñesas a persoas que non recollen bolsas de plástico, botellas, etc. Tanto ten a idade, aínda que o máis triste é que o faga a xente nova. Nenos, en moitas ocasións, cuxos pais non lles din o máis mínimo. Este problema non se limita ás praias, tamén pasa nas rochas da costa e na propia rúa, que nunha cidade como a nosa é bastante doado imaxinar que ese lixo no chan acabará con toda probabilidade no mar, tendo en conta que de vento tampouco andamos escasos. Esta actitude incívica non é exclusiva da Coruña, sen dúbida, pero aquí contamos cun concello, deste goberno e dos anteriores, que non fai nada para evitar este despropósito.

cigonha

Realmente non é que non faga algo efectivo para solucionar o problema, é que mesmo o agrava. Dende organizar soltas de globos en eventos como “O Día da Ciencia na Rúa”, pensando que eses globos van desaparecer como por arte de maxia, ata cambiar unha festa como o San Xoan ata transformala nun macrobotellón de milleiros de persoas botando unha cantidade incrible de lixo á praia, e ao mar, nun só día. Máis de cen toneladas de lixo, principalmente plásticos, recóllense ao día seguinte da festa polas máquinas e operarios que traballan sen cesar durante horas. Pero as partículas que o plástico deixa non hai quen as recolla, mestúranse entre a area e rematan na cadea alimenticia, matando animais ou producindo enfermidades.

gaviota bolsa

Ademais desas partículas, gran cantidade de lixo vaise ao mar, pola marea ou polo vento, e alí xa non hai máquinas que vaian recollela. Rematará na illa do lixo se un animal non a confunde con comida antes. O Concello toma medidas simbólicas, como anunciar que prohiben queimar cousas que non sexan madeira mentres organizan unha falla chea de vernices e fibras que contamina unha barbaridade, pero a realidade é que ao día seguinte a praia queda como un vertedoiro e o mar cheo de trampas plásticas para os animais. E cada ano é peor, porque o San Xoa na Coruña é “festa de interese turístico” e o concello pon moitos medios para que cada vez sexa “máis grande”. Ata se organizan “raves” nas rochas que as deixan cheas de lixo. 498.000 euros é o presuposto deste ano, confirmando que iso da austeridade non é máis que unha andrómena para xustificar medidas neoliberais.

bolsaplastico

Antes, a festa de San Xoan celebrábase nos barrios, sen pailanadas como o slogan “San Juan is Back“, sen macrobotellóns nas praias da cidade. O da praia, a este nivel, é un invento relativamente recente. Empeñáronse en converter San Xoan no que non foi nunca, e a cousa non ten pinta de mellorar a curto prazo. A Coruña seguirá sendo unha cidade que enche de lixo o mar a noite de San Xoan e parece que non importa a demasiada xente. A festa é a festa, e pouco hai que facer, xa que o importante é pasalo ben aínda que deteriores o medio. Fai nada, unha sentenza daba a razón a unha organización ecoloxista que denunciou ao motoclub que organizaba a concentración de “Os Pinguinos“, tamén declarada de “interese turístico”, porque non garantía a conservación dos valores naturais do piñeiral no que se celebra. Talvez sexa ese o camiño, denunciar ao concello por delito ecolóxico.

Este San Xoan, non é o noso. Difunde se tampouco é o teu

La ciudad de la basura

Así queda la playa después de San Juan

Así queda la playa después de San Juan

El diez de septiembre de 1996 más de cien mil toneladas de basura del vertedero de Bens se fueron colina abajo hasta llegar a la costa de O Portiño, llevándose a una persona por delante que nunca más apareció y arrojando toneladas de residuos al mar. Fue un hecho significativo de los problemas que supone el tratamiento de basuras, poniendo de manifiesto lo peligroso que es tener un basurero pegado a una ciudad de 250.000 habitantes. Sirvió, además, para convertir Bens en un parque e instaurar un sistema de reciclaje de basuras en la planta de Nostián, que al final ha resultado ser un auténtico desastre, tanto en lo laboral como en la propia gestión de los residuos.

Cuando ocurrió esa tragedia, la ciudad estuvo muchos días con una peste insoportable a basura en descomposición, lo que provocaba que muchas personas usaran máscaras para salir a la calle. El accidente de Bens quitó la basura de debajo de la alfombra y la puso debajo de nuestras narices, golpeando nuestra cara con contundente realidad. Parecía que habíamos aprendido la lección, que haber visto la explosión del problema tan cerca iba a cambiar nuestros hábitos, pero nada más lejos de la realidad. Como decía, el sistema de reciclaje instaurado no se aplicó correctamente, pero tampoco contó con la colaboración ciudadana a la hora de la recogida selectiva de basura. Y así seguimos.

Lo peor de todo es que la relación de A Coruña con la basura no termina ahí. Vivimos en una ciudad rodeada por el mar casi por todas partes y, a ese mar que, presuntamente, tanto amamos, lo castigamos un día sí, y otro también llenándolo de basura, especialmente plásticos. Millones de animales de todo el mundo acaban comiendo el plástico que nosotros tiramos sin ningún tipo de control, desde el plancton microscópico hasta ballenas, pasando por aves, mamíferos, reptiles y peces que forman parte de la cadena alimentaria de la que dependemos. Estos animales sufren una muerte agónica y cruel. Se estima que el plástico mata un millón de aves marinas y más de cien mil mamíferos marinos y tortugas cada año. Y todo por no poner el más mínimo interés en recoger la basura y situarla en un lugar adecuado.

En el Pacífico se está formando una “Isla de la Basura” con una superficie del doble de la Península Ibérica. La mera existencia de esta isla merecería que una invasión extraterrestre nos fulminara por cerdos, pero no nos importa porque no la tenemos debajo de nuestras narices y podemos seguir con nuestras vidas sin enterarnos, o sin querer hacerlo. Tal vez si esa isla descomunal se acercara a nuestra costa nos daríamos cuenta del problemón que supone semejante aberración, pero como está a miles de kilómetros de distancia, no se considera un problema. Si acaso, mostrarse muy compungido en Facebook si alguien comenta la existencia de la isla.

Es fácil ver en las playas coruñesas a personas que no recogen bolsas de plástico, botellas, etc. Da igual la edad, aunque lo más triste es que lo haga la gente joven. Niños, en muchas ocasiones, cuyos padres no les dicen lo más mínimo. Este problema no se limita a las playas, también pasa en las rocas de la costa y en la propia calle, que en una ciudad como la nuestra es bastante fácil imaginar que esa basura en el suelo acabará con toda probabilidad en el mar, teniendo en cuenta que de viento tampoco andamos escasos. Esta actitud incívica no es exclusiva de A Coruña, sin duda, pero aquí contamos con un ayuntamiento, de este gobierno y de los anteriores, que no hace nada para evitar este despropósito.

Realmente no es que no haga algo efectivo para solucionar el problema, es que incluso lo agrava. Desde organizar sueltas de globos en eventos como “El Día de la Ciencia en la Calle”, pensando que esos globos van a desaparecer como por arte de magia, hasta cambiar una fiesta como el San Juan hasta transformarla en un macrobotellón de miles de personas arrojando una cantidad increíble de basura a la playa, y al mar, en un solo día. Más de cien toneladas de basura, principalmente plásticos, se recogen al día siguiente de la fiesta por las máquinas y operarios que trabajan sin cesar durante horas. Pero las partículas que el plástico deja no hay quien las recoja, se mezclan entre la arena y acaban en la cadena alimenticia, matando animales o produciendo enfermedades.

Además de esas partículas, gran cantidad de basura se va al mar, por la marea o por el viento, y allí ya no hay máquinas que vayan a recogerla. Acabará en la isla de la basura si un animal no la confunde con comida antes. El Ayuntamiento toma medidas simbólicas, como anunciar que prohíben quemar cosas que no sean madera mientras organizan una falla llena de barnices y fibras que contamina una barbaridad, pero la realidad es que al día siguiente la playa queda como un vertedero y el mar lleno de trampas plásticas para los animales. Y cada año es peor, porque el San Juan en A Coruña es “fiesta de interés turístico” y el ayuntamiento pone muchos medios para que cada vez sea “más grande”. Hasta se organizan “raves” en las rocas que las dejan llenas de basura. 498.000 euros es el presupuesto de este año, confirmando que eso de la austeridad no es más que una patraña para justificar medidas neoliberales.

Antes, la fiesta de San Juan se celebraba en los barrios, sin pailanadas como el eslogan “San Juan is Back”, sin macrobotellones en las playas de la ciudad. Lo de la playa, a este nivel, es un invento relativamente reciente. Se han empeñado en convertir San Juan en lo que no fue nunca, y la cosa no tiene pinta de mejorar a corto plazo. A Coruña seguirá siendo una ciudad que llena de basura el mar la noche de San Juan y parece que no importa a demasiada gente. La fiesta es la fiesta, y poco hay que hacer, ya que lo importante es pasarlo bien aunque deteriores el medio ambiente. Hace nada, una sentencia daba la razón a una organización ecologista que denunció al motoclub que organizaba la concentración de “Los Pinguinos”, también declarada de “interés turístico”, porque no garantizaba la conservación de los valores naturales del pinar en el que se celebra. Tal vez sea ese el camino, denunciar al ayuntamiento por delito ecológico.

Este San Juan, no es el nuestro.  Difunde si tampoco es el tuyo

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Artículos. Ligazón permanente.

One Response to A Cidade do Lixo

  1. Pingback: A Cidade do Lixo (La Ciudad de la Basura)

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s