A asociación Fronte Cívica da Coruña súmase á defensa dun sistema público de saúde que cumpla cos seguintes principios:
1 – Asistencia sanitaria universal e gratuita para toda a poboación residente no estado español, independentemente da súa situación administrativa.
2 – A prestación sanitaria farase exclusivamente por medios propios, aumentando ás capacidades que sexan necesarias nos diversos territorios.
3 – Optimización plena de tódolos recursos públicos propios.
4 – O sistema público de Saúde planificará e organizará os seus recursos en función exclusivamente das necesidades da saúde da poboación.
5 – Igualdade no acceso ó sistema nacional de saúde en tódolos territorios do estado.
6 – A disponibilidade de medicamentos estará sometida á planificación xeral cun sistema centralizado de compras.
Finalmente, pedimos a derogación da Lei 15/97 de “Nuevas Formas de Gestión en el SNS”, e do Real Decreto-Lei 16/2012 co que se pon en marcha a reforma sanitaria.
Ante estas reformas encubertas de privatización do noso sistema de saúde, esta asociación decide iniciar unha campaña informativa na cidade da Coruña, sobor do risco que suporá para a nosa saúde, todos estes cambios que se están a levar a cabo, e as consecuencias irreparables para ó sistema que todas estas medidas poden supoñer.
Así mesmo, nos sumaremos e colaboraremos con todas aquelas prataformas cidadás que defendan os principios dunha sanidade pública, universal e gratuita.
Apoiaremos todos os actos que se convoquen por este motivo e convocaremos todos aqueles que consideremos necesarios, para informar á poboación do grave risco de perder o noso sistema público de saúde.