29N TOMEMOS O OBRADOIRO

Esta é a proposta de marchas a pe ata Santiago da columna Coruña. Se alguén ten outra suxestión, que o diga. É a única posible para poder durmir en albergues.

Ruta Marchas

26N. Primeira Etapa: O Burgo – Presedo (20.2 km). Saída ás 10:00.

– Saída dende A Coruña ás 9:20 en tren ata a estación do Burgo. Chegada ao Burgo ás 9:31.*
– Ponte do Burgo, O Temple, A Gándara, Quintán, Embalse de Cecebre.
– Marces, Lamansián, Cruce na Igrexia hacia a CP-0106
– Rego do Penedo
– Fin de Etapa Albergue de Peregrinos de Presedo (Abegondo), hora prevista: 15:30.
Teléfono Albergue: 608 616 533
En Abegondo se fará un acto de recibimento ás Marchas.

* A idea é acompañar a saída das Marchas ata a estación do tren e tamén ao Burgo. Convocar rolda de prensa.

27N. Segunda etapa: Presedo – Bruma (12.8 km). Saída ás 11:00

– Presedo, Beche, Vioño, A Ribela
– Fin de Etapa Albergue de Bruma. Hora prevista 14:30.
Teléfono Albergue: Tf: 981 69 29 21

Opción de pasar por Carral na segunda etapa: Incrementa en 7 Km o percorrido, e se camiña máis por asfalto, pero as Marchas serían máis visibles.

Desvío ruta

De Bruma se irá a Mesón do Bento onde haberá outro recibimento ás Marchas.
Sería o punto de encontro coa columna de Ferrol.
No caso de albergue completo, en Mesón do Bento hai pensión barata.

28N. Terceira Etapa: Bruma – Sigueiro (23Km). Saída ás 11:00

– Bruma, Cabeza de Lobo, A Rúa, Ordes.
– Fin de etapa Albergue de Delia, Sigueiro. Hora prevista 15:00. Tf: 687 279 398 . Rúa Portillo 21, Sigueiro.
Hai outro albergue en Sigueiro chamado o Fogar da Chisca. Tf: 981691783

29N. Cuarta etapa: Sigüeiro – Santiago de Compostela (Obradoiro, 13.3 Km). Saída ás 8:30.

– Entrada pola avenida Xoan XXIII ata a Catedral. Hora prevista de chegada ás 11:30.

As persoas que queren ir camiñando pero non facer o percorrido completo, tamén se poderán incorporar ás localidades de partida.
Tamén temos a idea de que vaian persoas en bicicleta o propio sábado, o tempo estimado é de 5 horas, dependendo do estado de forma.

Necesitamos:

– Coche “vasoira”, é dicir, alguén que estea pendente para recoller aos que non poidan continuar a marcha.
– Persoas dispostas a facer os recibimentos, ou organizalos. Abegondo, Mesón do Bento e Sigueiro. E que leve bocadillos, auga, etc. a eses puntos.
– Alguén que teña contactos nas localidades polas que pasa a Marcha.
– Xente que queira ir camiñando.

Lembrade o formulario para apuntarse:
http://goo.gl/forms/e2cIBG6d8m

Para pagar o billete de tren (7 euros) en:

Conta: Caixa Rural Galega
IBAN ES6130700044556129474927

Nome: Dicir o nome da persoa que vai ocupar a praza do tren, non do que paga. É dicir, o que vaia a Santiago. Se alguén paga por varias persoas, debe facelo individualmente con nome e apelidos de cada unha das persoas.

Concepto: Tren Santiago 29N.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Acciones, Convocatorias. Ligazón permanente.

One Response to 29N TOMEMOS O OBRADOIRO

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s