Loitemos contra o desafiuzamento no Ofimático

A Fronte Cívica Somos Maioría facemos un chamado a todas as persoas desta cidade, as organizacións políticas e movementos sociais para que acudan a apoiar a concentración deste MÉRCORES 26 de NOVEMBRO ás 20h diante da casa de Álvaro e Isabel (xunto a pasarela que pasa sobre Alfonso Molina, preto da gasoliñeira), e a acudir o día 27 ás 8h da mañá a parar o desaloxo previsto polo Concello.

O concello especula a costa das persoas, queren construir 1200 vivendas cando na cidade xa hai 20 mil vivendas valeiras. Non podemos permanecer sen facer nada mentres un organismo público como é o concello é CÓMPLICE dun desafiuzamento para favorecer a intereses privados. Van deixar a persoas na rúa, persoas coma ti, coma nós. E vaino facer o mesmo concello da Pokémon, o concello dos “amiguiños”.

Podería pasarte a ti.

Fóra MAFIA do concello da Coruña. Fóra corrupción, fóra especulación.

E lembrade esa constitución que tanto defenden cando lles interesa:

“Artículo 47

Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos.”

Todo  mundo a Elviña!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Acciones, Convocatorias. Ligazón permanente.

One Response to Loitemos contra o desafiuzamento no Ofimático

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s