Onde estabas no 15M?

22M_llenazo2

Marchas da Dignidade 22 marzo 2014

Hoxe é 15 de maio, catro anos despois de que moita xente que estaba farta do que está a facer a clase dirixente, saíra masivamente ás rúas para amosar a súa indignación. O goberno estaba a aplicar a Doctrina do Shock e moita xente dixo basta e saiu á rúa a loitar por unha democracia real, pola soberanía do pobo, contra as inxustizas, contra a miseria. “Toma a Rúa”, foi o chamado. E a tomamos. Son moitas sensacións as que lembro daqueles días e semanas, pero a máis forte é a de ilusión, a de ese sentimento interno que dicía “ben, a xente espertou por fin”. E tamén lembro asembleas interminables, é probable que algunha delas siga todavía no terceiro punto da orde do día.

Moita xente comenzou a loitar ese día descubrindo a loita social por primeira vez. Para min, esa foi unha das maiores virtudes do 15M, a de enganchar a xente que ata ese momento non saíra nunca á rúa para protestar polos seus dereitos. O curioso é que algunha xente, que xa loitaba antes, vía con recelo ese novo movemento que berraba contra case todo, e preguntaban, con resentimento, “onde estaba toda esta xente antes do 15M”?. Non entendían que o importante non era onde estiveran antes, se non onde estaban nese momento e onde estarían a partir de entonces.

Catro anos despois, moita da xente que saiu á rúa o 15M tamén fai preguntas semellantes. Agora preguntan “onde estabas ti no 15M”? E co mesmo resentimento. Mesmos erros que se repiten, como si a loita social fora unha especie de competición para ver quen loita máis, quen ten a maior autenticidade. Actitudes que dividen, que non fomentan a revolución, que so fomentan o egoísmo, que parece que so buscan recoñecemento e non cumplir o obxectivo de mudar de verdade o sistema. Miran con recelo a calquera movemento novo de loita, sexa cal sexa, porque, no fondo, o que queren é recoñecemento, e teñen medo de que ese otro movemento teña éxito e lles roube protagonismo. Non importa onde estiveras o 15M, importa onde queres estar o ano que ven.

Pero o 15M superou con creces esa rémora egoísta, deixou na marxinalidade a eses movementos que atoparon na súa loita un xeito de vida, e non un traballo constructivo para que o medo cambie de bando. Despois do 15M chegaron outros movementos que entenderon que a unidade popular é o único xeito de derrotar ao poder económico, que todas as organizacións sociais e políticas que queren gañar han de traballar xuntas se queren ter éxito. Con xenerosidade, sen preguntar de onde ves se non a onde queres ir. Sen perder o tempo en discusións chorras. Non hai outra. As Marchas da Dignidade recolleron o testigo do 15M na loita social, e traballan para acadar esa unidade entre todos os colectivos que están en contra de que o poder político sexa vasaio do poder económico. As Marchas da Dignidade buscan ese apoio social necesario para que cambie o sistema, un movemento que conseguiu que organizacións moi diferentes se puxeran a traballar xuntas para derrotar a un inimigo moi poderoso e con moitos medios.

Na política partidaria tamén saíron movementos que buscan esa unidade para recuperar as institucións que nos roubaron. Movementos políticos populares que buscan esa unidade para chegar ás institucións e así facer unha especie de “sandwich” entre a lota social e a institucional que poña en xaque ao poder económico. Proxectos municipalistas en todo o estado que lograron xuntar a xente sen afiliación con formacións políticas. Están a medrar e poden abrir unha brecha no réximen actual para que se desmorone coma un castelo de naipes. E para eso fai falla intelixencia, amplitude de miras, deixar os egos afastado e loitar pola unidade. As forzas políticas alternativas e os movementos sociais teñen que traballar xuntas para poder ter éxito. E mentres no se consiga, mentres a xente estea máis preocupada do seu ego e preguntando quen é ese que loita que non o vira antes, non hai nada que facer.

Podemos ter toda a pureza e autenticidade que queiramos, loitar máis que ninguén e estar sempre en primeira liña. Mentres non nos deixemos de parvadas e olvidemos as diferencias, o inimigo seguirá implacable a súa marcha cara á victoria. Porque estamos en guerra, chámase loita de clases. E estamos a perder por goleada. Non so polos medios do poder, tamén polo egoísmo. Ogallá o vindeiro 15M poidamos decir que estamos na remontada.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Artículos. Ligazón permanente.

One Response to Onde estabas no 15M?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s