Concentración en apoio ao pobo grego (27-06-2015)

Grecia-Bandera

COMUNICADO

Veciñas e veciños da Coruña.

As Marchas da Dignidade queremos celebrar hoxe este acto de protesta no marco da “Semana de Solidariedade con Grecia”, que convocaron numerosas organizacións e asociacións, para amosar dende A Coruña o noso firme apoio ao Pobo grego.

Como todas sabedes, este país está a sufrir a fase final dunha implacable chantaxe por parte da Troika para que o seu Goberno asuma unhas medidas de austeridade inaceptables.

A situación pinta moi mal para Grecia. A súa débeda cómelle mais da metade dos presupostos e a pobreza e o paro están a xenerar neste humilde país, que foi a orixe de Europa, unha auténtica crise humanitaria. Pero os capitais oportunistas, que ata agora se aproveitaron da súa economía, fuxen sen remedio, e os donos de Europa néganse a reestruturarlle a débeda en condicións asumibles. A Troika ten outros plans para o goberno grego, e todos pasan por recortes e reformas que empobrecerían aínda máis á cidadanía.

Só podemos concluír que a Troika está a usar a Grecia para demostrarnos que só temos unha saída: a que determine o gran capital. Estraña que tan arrogante e brutal actitude aínda non teña recibido unha contestación social poderosa. Seguramente ocorre que, ata agora, conseguiron culpar á vitima da súa propia desgraza e lograron enfrontar á cidadanía dos distintos países. Cantas veces teremos escoitado que o pobo de Grecia foi derrochador mentres o pobo alemán merece prosperar pola súa seriedade?

larga

Agora dámonos de conta de que todo isto xa chegou demasiado lonxe e temos que comezar a desmontar as mentiras que xustifican os seus abusos. Por iso cómpre dicir ben alto que Grecia, igual que España ou Portugal, procede dunha ditadura que a empobreceu, ten unha democracia menos desenvolvida e aínda lastran a súa economía unhas élites que a dirixen para o seu exclusivo benefizo. Hai que explicar que a integración no euro foi unha auténtica trampa para as economías do sur, que non logramos seguir o ritmo marcado polos poderosos países do norte, os que tanto se lucran das nosas deficiencias. Debemos aclarar que as institucións europeas estannos a privar da nosa liberdade para devaluar a moeda, para ter bancos nacionais autónomos, para controlar o rumbo da nosa economía.

Con estes e outros argumentos debemos enfrontarnos a esa Troika prepotente, a esa Europa que favorece aos especuladores, que nos trata como mercancía, que quita e pon tratados e constitucións ao dictado das grandes corporacións e que dicta normas que restrinxen dereitos e empobrecen persoas.

Non negaremos que temos un difícil partido por diante, pero as gregas e os gregos xa saíron ao campo e están dispostas a loitar. A súa coraxe emociónanos, e o seu goberno, ao asumir fielmente o mandato do Pobo, regálanos unha auténtica lección de democracia. Imaxinades ao goberno de Rajoy convocando a referéndum para determinar que queremos facer coa nosa débeda?

Veciñas e veciños da Coruña, o Pobo de Grecia case non pode máis, pero estase a defender con gran dignidade. O menos que podemos facer é vestir as súas cores, que tamén son as nosas, e saír con eles a dalo todo no campo.

Coruñesas e coruñeses, hoxe é un bo día para comezar a xogar na casa vestindo as cores do noso equipo, o equipo grego.

Venceremos á Troika.

Venceremos !!

Moitas grazas.

Corta

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Convocatorias. Ligazón permanente.

One Response to Concentración en apoio ao pobo grego (27-06-2015)

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s