Comunicado sobre o proceso legal contra as Obras da Mariña

Non ás Onras da Mariña

Fronte Cívica Somos Maioría de A Coruña somos unha Asociación aberta a toda a cidadanía que desexe organizarse sen ter en conta a súa adscrición política ou sindical. Nos constituímos a nivel estatal no ano 2012 e dende entonces estamos a traballar pola unidade popular contra o poder económico, e tamén para facer fronte ás prácticas corruptas, denuncialas e plantexar alternativas nas diferentes administracións.

En novembro de 2014 presentamos a primeira querela por delito urbanístico contra o consello de administración da Autoridade Portuaria polas Obras da Mariña, a cal foi admitida a trámite polo xulgado de instrucción nº 4 da Coruña. Posteriormente, en decembro de 2014, presentamos unha nova querela por un delito contra a destrucción do patrimonio, que tamén foi admitida a trámite. A primeira querela denuncia a invasión da obra dunha zona verde, e a segunda denuncia a destrucción de elementos catalogados coma bens de interese cultural (BIC).

Fronte a estas querelas, foi requerida numerosa documentación á Autoridade Portuaria, Concello e empresas implicadas, e foi na revisión da documentación aportada cando atopamos que as obras non tiñan licencia municipal, algo que é necesario tanto para a construcción do túnel como para a urbanización da superficie, concretamente nos terrenos que foron desafectados no ano 1999, tal e como recolle o decreto 28/1999 polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do chan de Galicia. Tras constatar este feito, presentamos unha nova ampliación da primeira querela por un delito de prevaricación contra o anterior alcalde, Carlos Negreira. O convenio Autoridade Portuaria e Concello, non eximen da necesidade da licencia de obra. E queremos aclarar que o concello non é co-promotor, como explicou nos medios a Autoridade Portuaria, o concello subvenciona parte da obra, pero a promotora é a Autoridade Portuaria.

Ademáis das dúas querelas, en febreiro de 2015 presentamos varias denuncias administrativas ante o Concello, Xunta de Galicia e Ministerio de Cultura para denunciar o expolio do patrimonio da cidade, as cales non se tiveron en conta por ningún dos organismos nas que foron presentadas. Nestas denuncias administrativas se puña en coñecemento a situación irregular das obras. E fixemos o mesmo co novo goberno municipal, cun documento presentado o día 24 de xullo no rexistro municipal. A intención da Fronte Cívica, nesta ocasión e nas anteriores, e poñer en coñecemento do goberno municipal unha situación que consideramos irregular.

A maiores das querelas e as denuncias administrativas, presentamos un contencioso administrativo pola modificación do PEPRI do ano 1998 sen sometelo a exposición pública, tal e como di a lei o que fai sospeitar a necesidade de dita modificación para poder legalizar as obras da mariña. Este contencioso tamén foi admitido a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Consideramos que se o concello presentou un PEPRI con modificacións importantes e cruciais no documento, pero sen período de alegacións, se está a cometer unha irregularidade, e por iso presentamos o contencioso administrativo.

A Fronte Cívica Somos Maioría considera que o anterior goberno actuou dun xeito irresponsable, sen cumplir a lei e con moitas irregularidades co único obxectivo de vender ás obras de cara ás eleccións municipais. Non cumpliron cos requerimentos legais para realizar unhas obras de tal magnitude e produciron unha situación de risco para os intereses da cidadanía. Saudamos o cambio de actitude do nobo goberno que decidiu afrontar o problema e tentar solventalo en vez de fuxir cara adiante. No caso de que as obras sexan ilegais e o concello acepta a cesión das mesmas por parte da Autoridade Portuaria, o novo goberno tamén tería responsabilidade e podería ser acusado de prevaricación.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Comunicados coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s