II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade

Cartaz II

Na coordinadora galega encargouse á plataforma de A Coruña a organización da II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade. A nosa intención, seguindo ás instruccións recibidas na asemblea da coordinadora, é a de facer un acto positivo e motivador, que anime á xente a participar, que sexa dinámico e que non supoña un tedio insufrible para as persoas asistentes, ademáis de ser útil para o devenir das Marchas da Dignidade. Tendo en conta isto, explicamos como será o acto para que vaiades preparando as intervencións.

Hora de comenzo: 10:30.

1º. Benvida e presentación a cargo de Mónica Camaño.

2º. Tema musical interpretado en directo polos músicos de Audio 4.

3º. Presentación dos puntos a tratar:

  • Estado das Marchas.
  • Despois do Obradoiro, que?

4º. Intervencións para o primeiro punto. Neste punto, unha persoa por cada comarca falará da situación das Marchas da Dignidade nas mesmas, problemas que teñen ou tiveron, accións que realizaron, se precisan axuda ou o que consideren que deban dicir neste punto. A intención é poder detectar problemas e solucións. O tempo por intervención será de 5 minutos por persoa. Considerando que as comarcas son: Mariña Lucense, Lugo, Ferrolterra, A Coruña, Compostela, Monforte, A Estrada, Barbanza, Pontevedra, Morrazo, Vigo, Arousa, Val Miñor, Ourense e o Barco, o tempo total sería de 75 minutos. É posible que non acudan todas as comarcas, pero temos que facer a previsión para que todas estean presentes, que é o desexable.

5º. Tema musical en directo.

6º. Intervencións para o segundo punto. Unha persoa por comarca, igual que o anterior, con 5 minutos por persoa. Este punto ten a intención de escoitar propostas para o futuro das Marchas, como facer que medren, novas mobilizacións, novas accións, xeitos de actuar, etc.

7º. Tema musical en directo.

8º. Intervencións do público, 40 minutos, 2 minutos máximo por persoa ou organización. Se pedirán mans alzadas e se anotará quen quera intervir. Se sobra tempo, se pedirán más intervencións sempre co mesmo tempo por persoa.

9º. Tema musical en directo.

10º. Conclusións.

11º. Peche e música de despedida.

Ás 14:00 hai que saír do salón de actos.

Precisamos saber que persoas van intervir por cada comarca, por se hai que axustar tempos. Tamén recomendamos que nas comarcas vos xuntedes para falar desas intervencións, pero eso xa queda fora da nosa “xurisdicción”.

Ao remate, haberá posibilidade de xantar para as persoas que se apuntaron no formulario. Tamén hai xardíns fora para quen prefira xantar de bocata. Recomendamos que a xente acuda ao xantar, xa que é un xeito de facer amizades e aumentar as ligazóns entre as diferentes persoas e colectivos das Marchas.

Paraninfo: http://www.udc.es/sobreUDC/localizacion/corunha/maestranza/reitoria/index.html?language=gl

Audio Quatro: https://www.facebook.com/audioquatro?fref=ts

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Asambleas, Convocatorias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s