Open Society (galego)

O poder económico conta con numerosas ferramentas para acadar os seus obxectivos. Unha delas é a propaganda gracias ao control dos principais medios de comunicación de todo o mundo, a súa mensaxe chega de forma incesante e machacona todos os días desde hai moitas décadas. Pero tamén hai unha forma máis sutil de propaganda, que é a de enmascarar actividades puramente comerciais, xeralmente de dubidosa ética, baixo fachadas bonitas ou que soen ben. Un caso ben coñecido é o de poñer a etiqueta “ecolóxica” ou “comercio xusto” a produtos que están moi lonxe de selo, ou empresas que falan de Enerxía Verde como Iberdrola ou Exxon.

Unha desas máscaras é Open Society. O nome soa ben, porque “sociedade aberta” é algo atractivo, nun principio. Trátase dunha sociedade supostamente filantrópica fundada e financiada por George Soros, un magnate de orixe húngara e antiguo colaborador nazi, un home que se fixo famoso por provocar a quebra do Banco de Inglaterra, pero con ganancias de 1.000 millóns de dólares para este millonario na devandita operación. Conta no seu haber cunha fortuna de máis de 24.000 millóns de €, e a súa ideoloxía liberal levoulle a financiar todo tipo de fundacións e asociacións afíns á mesma.

Open Society é un grupo de fundacións e organizacións non gobernamentais de máis de 50 países, algunhas das cales se instalarían en países como Xeorxia ou Letonia, actuando como os fondos de investimento do propio Soros neses países co obxectivo de conseguir financiaemento para que o proxecto madure. Open Society estaba detrás das revoltas de cores en Macedonia, as revoltas de cores en Ucraína e, por suposto, o golpe de estado nese país durante os sucesos do Euromaidan, por citar só uns poucos. Entre as súas organizacións asociadas está OTPOR, un movemento xuvenil de dereitas que defende as mesmas ideas liberais que Soros. En teoría pacíficamente, pero na práctica, as súas intervencións en Ucraína ou Serbia distaron moito de ser pacíficas, aínda que conten con moito apoio mediático, como é natural. Tamén organizaron o JAVU, en Venezuela, contra Maduro, e con moita violencia. Coñéceselles como “Exportadores de revolucións”, todo iso con diñeiro da fundación Open Society. Sempre apoiando medidas liberais, nunca os dereitos sociais.

Open Society ten un plan neoliberal para toda Latinoamérica e operan a través dunha única oficina en Brasil, desde onde coordinan o despregamento de todas as súas ONG no continente. Como exemplo, Moisés Naím, directivo de Open Society en Latinoamérica, quen defende, entroutras moitas cousas, a creación de gobernos próximos a EEUU con pouca capacidade de xestión e dependentes dos seus asesores ao máis puro estilo “Chicago Boys” no Chile de Allende, buscando debilitar, ademais, a posición de intelectuais de esquerdas, sempre coa intención de instaurar gobernos neoliberais. Baixo o manto de Open Society tamén está Human Right Watch, unha suposta ONG que defende os Dereitos Humanos, pero que ten na súa directiva a destacados membros do Partido Demócrata de EEUU e con relación directa co goberno de EEUU e a CIA, tal e como denunciaron Mairea Maguire e Adolfo Pérez Esquivel (premios Nobel da Paz) xunto cun centenar de profesores de EEUU e Canadá.

Curiosamente tamén REDER é financiada por Open Society. REDER é, en teoría, un colectivo que loita pola sanidade pública que conta, entre outras, con organizacións como a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Que fai FADSP recibindo financiamento dunha organización do ámbito de Open Society cando Open Society precisamente actúa en contra da sanidade pública e a favor da privada? Algo non cadra. Poida que sexa por descoñecemento do que é Open Society, pero tal e como circula a información hoxe en día non é difícil decatarse, unha procura en Google e sae moita información de Soros e Open Society, non é algo especialmente secreto. FADSP debería explicar a súa relación con Open Society, sobre todo se, como din, defenden unha sanidade pública 100%.

PDF

Open Society (galego)

Referencias:

https://journal-neo.org/2016/04/11/soros-open-society-new-world-lebensraum-idealism-underway/
https://en.wikipedia.org/wiki/Open_Society_Foundations

http://www.jornada.unam.mx/2014/05/13/mundo/024n2mun
http://www.voltairenet.org/article126097.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Artículos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s