Fronte Cívica A Coruña é unha iniciativa cidadá que parte do colectivo Prometeo, de Córdoba, co inestimable apoio de D. Julio Anguita, a cal pretende facer fronte ao ataque que está a levar a cabo o poder económico, coa subordinación do poder político, contra os principais dereitos sociais que se conquistou ao longo de moitos anos. Nós, como colectivo, dicimos que non nos dá a gana seguir aguantando unhas medidas cuxo único obxectivo é beneficiar aos mesmos responsables que provocaron esta grande ESTAFA á que moitos seguen empeñados en chamar crise.
Para iso, realizaremos todo tipo de accións necesarias para rematar cunha situación totalmente inxusta provocada de xeito artificial e indigna, unha situación que pon en perigo o futuro do noso país e do resto de países do noso ámbito. Partimos destes puntos comúns, os cales poderán ser desenvolvidos mediante o debate entre todos os membros desta fronte:
https://frentecivicocoruna.wordpress.com/programa-fronte-civica/