Querela Mariña

Como sabedes, en novembro presentamos unha querela criminal contra a Autoridade Portuaria de A Coruña pola construcción do túnel de A Mariña. Consideramos que se está a cometer un delito urbanístico, xa que a obra invade unha zona verde, o que non permitía o plan parcial en vigor cando comenzou a obra. Tamén consideramos que se destruiu patrimonio da cidade, ao desaparecer numerosos elementos catalogados como BIC (bens de interese cultural) que, según a lei, deben contar cunha protección especial e o goberno facer todo o posible para a súa conservación e protección. É obvio que na Mariña non se cumpliu, perdéndose árbores, edificios, restos arqueolóxicos, balaustrada, etc.

Pero o máis importante é a cuestión moral das obras. É indigno que se estean a facer unhas obras tan custosas so polo capricho dun concello que quere favorecer a dúas empresas amigas e, de paso, volver a gañar as eleccións municipais vendendo este proxecto coma unna necesidade da cidade. Dúas empresas, Copasa e Civis Global, relacionadas coa corrupción, Copasa na Gürtel e os papeis de Bárcenas, e Civis Global, antigua Movexvial, implicada en varios casos de corrupción en Vigo. Un arquitecto, Luis Collarte, encargado do proxecto, que é irmán do deputado do Partido Popular Guillermo Collarte.

Moito falamos xa das Obras da Mariña. En febreiro do ano pasado participamos na Plataforma Non Ás Obras da Mariña xunto a moitos outros colectivos que tampouco querían as obras. A plataforma fixo mobilizacións e accións contra as obras, pero, hai que recoñecelo, non tivemos apoio popular, tal vez pola nosa incapacidade de chegar ao resto da cidadanía, ou por erros cometidos, pero o certo é que non fomos quen de mobilizar á xente en masa contra unhas obras aberrantes, faraónicas, horteras e ilegais. Agora toca á xustiza decidir se se cometeron delitos, e a nós seguir a denunciar este tipo de actitudes por parte dos “pikachus” da cidade.

Adxuntamos nun arquivo,  a documentación presentada para o desenvolvemento da querela e as denuncias administrativas presentadas ante a Xunta e o Concello, e tamén as alegacións presentadas contra a reforma do PEPRI.

PDF

Querela

Word

Ampliación Querela

PDF

Admisión a trámite 1

PDF

Admisión a trámite 2

Word

Alegación PEPRI

Word

Auto da xuíza. Fianza

Word

Resumo accións legáis

Word

Admisión querela fianza

Word

Demincia Administrativa Concello

Word

Denuncia Administrativa Xunta de Galicia

Word

Denuncia Administrativa Ministerio de Cultura

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s