Concentración en defensa do común

O COMÚN. Os Campos da Coruña, -O Campo da Estrada, O Campo da Leña, Santo Agostiño,…,- situados no perímetro da Antiga Cidade Medieval, foron terreos comunais de uso público de veciñas e veciños. Son parte do gran patrimonio público de Galicia.
Na súa condición de Praza Forte, pasou a mans da antiga Capitanía Xeral do Reino de Galicia, entre os séculos XVI, XVII e XVIII, e a mans da Administración Central do Estado, entre os séculos XIX e XX. No ano 1840 o goberno municipal solicitou a devolución dos terreos: “… o terreo de que se trata non pode pertencer á nación, pois é de dominio deste pobo …”
Na actualidade as murallas e os sistemas defensivos da cidade, ao descuberto ou soterradas, son inseparables do núcleo histórico da cidade e protexidas polo seu valor cultural, BIC, por seren Patrimonio Histórico, Cultural, Arquitectónico e Arqueolóxico de Galicia.

A POXA. O Ministerio de Defensa anunciou o pasado día 24 de febreiro, no Boletín Oficial do Estado, a poxa pública de tres parcelas situadas no Campo da Estrada, na Maestranza, e coa que pretende ingresar unha contía superior aos 24,8 millóns de euros. Operación canalizada a través do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento de Defensa (INVIED), organismo autónomo que xestiona a venda de propiedades militares-.
Os terreos formaron parte do sistema de protección da cidade para a súa defensa, e na actualidade, son de uso cotiá polos coruñeses e coruñesas; un total de 5.316 metros cadrados, 29.262 metros cadrados edificables.
Como confirman os convenios asinados co Concello da Coruña, O Ministerio de Defensa é o titular destes espazos. Véxase o convenio asinado no ano 1984, que recolle entre os seus obxectivos e determinacións as seguintes:

“Plasmar en la futura ordenación urbanística las nuevas características para una parte de la Ciudad Vieja de A Coruña, en instalaciones que defensa pretendía adecuar a usos distintos de los en su momento vigentes: instalaciones militares, acuartelamientos, almacenes operativos,..”
“Fijar en determinados ámbitos incluidos en terrenos del Ministerio de Defensa, usos residenciales con una edificabilidad de 0,30 m2/m2”

A PROPOSTA. A veciñanza da Coruña precisamos que os nosos esforzos se dirixan á defensa e protección destes terreos, considerando esta cuestión como prioritaria ante os acontecementos que se aproximan.
A privatización dos terreos do Campo da Estrada, está moi lonxe das necesidades reais da poboación. A xestión dos bens patrimoniais non pode obedecer a intereses puramente especulativos.
Unha cidade con máis de 20.000 vivendas baleiras, precisa un plan de rehabilitación e dinamización, non precisa un plan de especulación urbanística.

A Comisión Aberta en Defensa do Común presentou unha moción ao pleno do Concello, cos seguintes obxectivos:

  • Paralizar a poxa e esixir a devolución gratuíta dos terreos ao Concello da Coruña, para o uso público de veciños e veciñas.
  • Modificar o Plan Xeral de Urbanismo para a posta en valor do Patrimonio Urbanístico, Arquitectónico e Arqueolóxico da Coruña, e adecuar os espazos ás necesidades culturais e sociais da cidade, e non ao servizo de intereses especulativos e mercantilistas.
  • Contar coas necesidades e desexos da cidadanía á hora de decidir o futuro dos terreos públicos.

Tamén convidamos aos grupos políticos que conforman o Pleno do Concello, a apoiar as mobilizacións e iniciativas que convoque a Comisión Aberta en Defensa do Común.

Esta entrada foi publicada en Artículos, Convocatorias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s